Condicións de uso

A Casa das Ínsuas quere ser un centro aberto que facilite a actividade de entidades e persoas que traballan no eido da conservación, divulgación e estudo da natureza no seu senso máis amplo. Por iso pon os seus espazos e recursos á vosa disposición baixo as seguintes condicións:

Centro de Documentación
O acceso é libre e gratuito, máis só os socios da AGCT ou dalgunha das entidades que depositen fondos, poderán acceder ao préstamo para a casa.

Auditorio, Sala de usos múltiples e Sala de xuntas
Se desexades utilizar calquera destes espazos só tedes que contactar con nós, confirmar a súa dispoñibilidade e concretar unha data. A súa utilización é gratuita.

Centro de interpretación
Os espazos e recursos do Centro de Interpretación poden ser utilizados para o desenvolvemento de actividades propias de entidades socias da AGCT de xeito gratuito.

Viveiro de entidades
As entidades socias da AGCT poden solicitar un espazo de traballo na Casa das Ínsuas, con aceso a todos os servizos dispoñibles (teléfono, internet, impresión, etc.). Poderán tamén utilizar a Casa das Ínsuas como domicilio social se así o desexan. O aceso ao Viveiro de entidades terá un custo anual por un importe que será revisado anulamente por parte da AGCT. 

Contacto
casadasinsuas@gmail.com